martes, 4 de septiembre de 2012

Brazo de xitano de coco con cereixas negras

   Este brazo de xitano, resulta sorprendente polo contraste de sabores. Por unha banda temos as deliciosas cereixas, que ven resaltado o seu sabor co coco e coa tona que recubre todo. A elaboración é complexa, un deses postres polos que precisamos un pouco de tempo disponible para facelo, pero o esforzo paga a pena.


Ingredintes para 4 Persoas:

Para o biscoito:
  • 4 ovos (separar as xemas das claras)
  • 140 gr de azucre glass
  • 45 gr de fariña frouxa
  • 125 gr de coco ralado en pó (debe estar na neveira)
Para o recheo:
  • 300 gr de cerezas negras sen oso
  • 1 c/c de maicena
  • 60 ml de kirsch
  • azucre lustre para espolvorear
  • 150 ml de tona para montar.


Elaboración:
  1. Batir as xemas con 125 gr de azucre ata que esponxen, tamizar a fariña sobre las xemas, engadir o coco e misturar os ingredientes.
  2. Montar as claras a punto de neve e engadirlle o resto do azucre. 
  3. Misturar de forma suave coa elaboración anterior.
  4. Meter nun molde ao forno a 180º durante 5 minutos. 
  5. Nun cazo poñer as cereixas, o licor e a maicena.
  6.  Deixar que se enfrie.
  7. Envolver o brazo de xitano coa nata e as cereixas.
  8.  Manter no frio; espolvorear con azucre glass.

No hay comentarios:

Publicar un comentario