miércoles, 12 de septiembre de 2012

Fajitas de millo con carne


     As fajitas son un dos pratos máis tradicionais e deliciosas da cociña Tex-Mex. Consiste en carne asada á grella e picada servida sobre unha tortilla de fariña de millo. Orixinariamente as fajitas elaborábanse só con carne de vaca; hoxe en día popularizáronse con carne de porco, polo (Chiken fajita), etc.; mesmo con camaróns. Nalgúns restaurantes ásase a carne xunto con pementos e cebolas. Os condimentos máis populares para acompañar as fajitas son a crema agre, o guacamole, pico de galo, queixo e tomate.

P9071226
Ingredentes para 4 persoas.
  • 1/2 kg de carne picada
  • 100 gr de bacon
  • 2 tomates ralados
  • 1 chile
  • 100 gr de cebola
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde tipo italiano
  • allo e perexil picado
  • sazoador de fajitas
  • millo cocido
  • 300 gr de fariña de millo
  • 1 c/c de sal
  • 300 ml de auga
  • 1 dl de aceite de xirasol

P9071228

Elaboración.
  1. Facer a farsa cos ingredentes da seguinte maneira: o bacon en tiras finas, a carne adobada co perexel e allo, chile, tomate ralado.
  2. Por outra banda, saltear os pementos e a cebola cortada en xuliana co millo cocido.
  3. Mesturar todo e saltear, sazoamos. Por outra banda, facemos a masa das fajitas, damoslle forma redonda e as aplastamos. As marcamos nunha tixola.
  4. Rechear as fajitas e as envolvemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario