miércoles, 5 de septiembre de 2012

ENSALADA MORNA DE QUEIXO DE CABRA MARIÑADO CON ACEITE DE HERBAS

Desta vez vamos cun entrante que fará as delicias dos amantes do queixo, que combinado con algo de ensalada quedará fresquiño e de fácil dixestión. O mariñado consiste e meter o queixo en aceite de herbas que lle dará un toque especial.


Ingredintes para 4 persoas:

  • 1 rulo de queixo de cabra
  • 4 rebanadas de pan de molde
  • Mistura de leitugas
  • Aceite de herbas naturais
  • Salpementa
  • Reducción de vinagre balsámico
  • Manteiga clarificada
  • 2 cenorias raladas

Elaboración:

  1. Dispoñer a mistura de leitugas, cenoria ralada nos pratos, salpementar
  2. Aliñar co vinagre e aceite
  3. Tostar a rebanada de pan no forno coa manteiga clarificada sen que tome demasiado cor 
  4. Marcar nunha tixola o queixo volta e volta
  5. Para o aceite de herbas: aceite de oliva suave, engadir todalas herbas frescas que se teñan por exemplo, alfábrega, menta, loureiro, ourego e ceboliño
  6. Dispor sobre a tosta o queixo aliñado co aceite de herbas

No hay comentarios:

Publicar un comentario