jueves, 6 de septiembre de 2012

Timbal de tomate con mozzarella

     A palabra timbal fai referencia a un molde circular que se usa para presentar  pratos, e tamén se emprega para denominar as preparación feitas usando este molde. Normalmente usase para o arroz ainda que neste caso o empregamos como xeito de presentar este entrante freco ideal para o verán.

P9051169

Ingredientes:

  • 4 tomates maduros
  • 2 mozzarellas
  • sal e pementa
  • aceite de alfábrega
  • baby espinacas
  • unha culleriña de café de azucre
  • ourego fresco.

P9051170

Elaboración:

  1. Cortar en rodelas o tomate, a mozzarella e salpementar ambos ingredientes.
  2. Saltear as espinacas cun belisco de sal e reservar.
  3. Nun aro redondo ( o timbal ) ir interpondo o tomate, coulis de alfábrega ( faise tritutrando unhas follas de alfabrega fresca con aceite de oliva, quedando como unha salsa espesa ), mozarella, espinacas, asi ata cubrir o aro.
  4. Presentamolo no centro do prato.  Como truco para casa, se non temos o timbal, podemos empregar unha taza. Neste caso montamos o prato dentro da taza, e despois damoslle a volta, tendo en conta que o fondo da taza terá a parte superior da  nosa presentación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario