jueves, 6 de septiembre de 2012

Amendoados.

   Os amendoados de Allariz son un dos postres máis tradicionais dentro da provincia de Ourense, en Galicia.
   Son unha mistura de amendoa moida, azucre e clara de ovo. Cando a masa estña solida colocase en anacos sobre unhas obleas e se leva ó forno. Tamén se poden fornear en forma de galleta.
   Antigamente  no municipio de Allariz habia moitos amendoeiros, polo cal xurdiu este postre.
  P9051185
Ingredintes:
  • 250 g de azucre
  • 125 de amendoa crua
  • 2 claras de ovo
  • aroma de vainilla
Elaboración:
  1. Prequentar o forno a 180ºC
  2. Triturar as amendoas co azucre.
  3. Engadir o aroma e as claras unha a unha ata conseguir unha masa uniforme
  4. Formar bolas e espolvorear co azucre glas.
  5. Fornear a 180ºC ata que esten dourados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario