miércoles, 19 de septiembre de 2012

Flan de loureiro


     As follas de loureiro son empregadas como condimento na gastronomía europea, sobre todo na Medirettánea, asi como en Norte e Centroamerica,. Na rexión  de México, se coñece como laurel de Castilla. Estas empreganse en sopas, guisos, estofados, asi como en carnes e en peixes, mariscos e vexetais. As follas empreganse xeralmente enteiras, e retiradas antes de servir. Tamñen poden ser trituradas ou moidas antes de cociñar, para darlle un mellor gusto á comida. Nesta ocasión lle damos un emprego un pouco diferente ó utilizalo nun postre, un flan. O resultado é sorprendente,xa que o flan admite moi ben todo o tipo de sabores.
  O loureiro é un obxeto simbolico da astroloxia para o signo de Aries.
  Sobre esta pranta existe un dito antigo " quen planta un laurel nunca ó verá medrar", aludindo ó lento crecemento da pranta,. Ainda que a cultura popular alude a morte do que a pranta.
  Ten connotacions simbólicas na cultura romana e na cristiana. Según a mitoloxia, o loureiro é a transformacion da ninfa Dafne que ó ser perseguida por Apolo, foi salvada polo seu pai, o rio Peneo, transformandoa en Loureiro, de ahí Apolo cortou duas ramas e as trenzou elaborando unhas coroas triunfales que empegaban os victoriosos, xenerais e emperadores da antiga Roma, e que chegaron ata os nosos días coma simbolo da victoria.
Hai tamen unha lenda que conta que durante a conquista de Granada, a Raiña Isabel escondeuse detrás dun loureito, na actual localidade de La Zubia, mentras huías duns musulmans granadinos que a perseguían, dende aquel entón, dito loureito que todavía existe coñecese coma loureiro da raíña.


Ingredintes:
  • 530gr de leite 
  • 1 culler grande de loureiro moído
  • 300 g de ovo
  • 170g de azucre
Elaboración:
  1. Quentar ó leite e infusionar ó loureiro, coar e reservar.
  2. Por caramelo na base dun molde de puding ou de moldes individuais  e deixar enfriar
  3. Mesturar os ovos co azucre, e engadirlos ó leite infusionado sen deixar de remexer.
  4.  Encher os moldes e colocar nun baño María no forno a unha temperatura de entre 180-220ºC entre 35 e 45 minutos.
  5. Deixar enfriar e servir.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario