miércoles, 19 de septiembre de 2012

Lasaña vegetal con carne

       

   Esta lasaña resulta sorprendente, xa que en lugar de utilizar as típicas pracas de pasta das lasañas, serán as verduras (berenxena, tomate e cabaciña) as que fagan esta función, dando  lugar a unha combinación deliciosa.



     Ingredintes:
  • 1 kg de carne picada mixta(tenreira e porco) adobada con viño branco, un pouco de salpementa, allo e perexel,
  • 1 litro de salsa bechamel ( 60 gr de fariña, 70 gr de manteiga e 1 litro de leite enteira, noz moscada  e salpementa)
  • 1 cabaciña
  • 1 berenxena
  • 1 tomate
  • Un pouco de salsa de tomate frito
    Elaboración:
  1. Prequentar o forno a 175ºC
  2. Cortamos en rodaxas un pouco groxas a cabaciña e a berenxena ( esta ultima o poñemos a purgar cun sal durante 20 minutos )
  3. Logo introducimos no forno uns 10 minutos a 175ºC. Para a salsa aurora facemos unha salsa bechamel e mesturamos coa salsa de tomate frito,
  4. Nunha bandexa fonda botamos un pouco de salsa aurora no fondo, pomos a berenxena, a cabaciña e tomate en rodaxas, intercalando unhas con outras ata cubrir o fondo.
  5. Botamos a carne mixta coa salsa aurora. Cubrimos coas hortalizas, cubrimos con salsa,e espolvoreamos con queixo ralado. 
  6. Meter no forno uns 25 minutos a 200ºC para gratinar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario