lunes, 17 de septiembre de 2012

LENTELLAS CON SEPIA


    A lentella é unha pranta anual herbácea da familia das Papilionáceas, con tallos de 30 s 40 cm, endebles, ramosos e estriados, follas oblongas, estípulas lanceoladas, zarcillos pouco arrolados, flores brancas con venas moradas, sobre un pedúnculo axilar, e froito en vaina pequena, con dous ou tres sementes pardas en forma de disco de medio centímetro de diámetro aproximadamente.





Ingredintes:
  • 1 kg de lentellas
  • 1 sepia
  • 1 cebola vermella
  • 1/2 cabaciña
  • 1 pemento vermello
  • 2 dentes de allo
  • 1 cenoria
  • 1 porro
  • 1 ramiña de apio
  • 1 tomate
  • 2 lt de fumet

Elaboración:
  1. Cortamos a sepia en anacos regulares, a adobamos con allo e perexil picado con aceite de oliva
  2. Cortamos as hortalizas en mirpoix pequena, cubrimos o fondo dunha pota e unha vez quente refogamos as hortalizas e botamoslle un belisco de sal.
  3. Incorporámoslle a sepia e deixamos cociñar por un espazo de 10 minutos.
  4. A parte lavamos as lentellas e botamoas coa preparación anterior. Cubrimos co fumet de peixe e deixamos cociñar uns 30 minutos.
  5. Poñer a punto de sal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario