viernes, 14 de septiembre de 2012

PASTA CREBADA SALGADA


      A masa brisa (galicismo do francés PÂTE BRISÉE) ou masa quebrada (traducción habitual ó español do término francés) é un tipo de masa usada para bases de tartas doces e salgadas. Caracterízase pola sua textura suave e cruxinte, lograda grazas ó gluten e o almidón contido na fariña de trigo. A súa elabaración esixe o uso da manteiga branda, que non se mezcla completamente coa fariña: o gluten pode formar entón unha red resistente ó auga que se endurecerá ó fornearla. Se a preparación da masa non permite a formación da corteza sólida, quedará desmenuzable e será chamada sablé. Como non hai consenso sobre a definición exacta, a pasta brisa designa normalmente unha masa composta principalmente de fariña e graxa.

Ingredintes:
  • 500 gr de fariña frouxa
  • 250 gr de manteiga
  • 100 gr de ovos
  • 10 gr de sal
  • 1 dl de auga


Elaboración:
  1. Introducir a manteiga no microondas a potencia de desconxelar de 1 a 2 minutos para abrandala
  2. Formar un volcán coa fariña sobre unha mesa de mármore.
  3. Poñer o resto de ingredintes no interior do volcán. Procurar que os ovos non estén fríos.
  4. Amasar o xusto para que non colla elasticidade ou liga, pero que nos permita traballar co rolo.
  5. Unha vez amasada, formar unha bola e reservar en frío tapada con plástico.
  6. Laminar con rolo saferindo a mesa con fariña para que non se pegue.
  7. cando estea estirada, encolver no rolo e extender sobre o molde a forrar.
  8. procurar que a masa sexa un pouco máis grande co molde para que nos recubra os laterais.
  9. Co anaco de masa sobrante, baixar a masa do molde3 para que non quede aire e se axuste a él.
  10. Pasar o rolo pegado ó molde para cortar a masa e que os recortes sobrantes caían na mesa.
  11. Pinchar a masa cun garfo para impedir que medre, ou ben cocer en branco (consiste en colocar enriba da masa un papel antigraxo cuns garavanzos secos ou fabas enriba, para que cando vaia ó forno non suba a masa. Despois retíranse)
  12. Cocer a forno media a 180ºC, o tempo de cocción dependerá do grosor da masa, pero non debería tardar máis de 12-15 minutos se se coce en branco

No hay comentarios:

Publicar un comentario