miércoles, 5 de septiembre de 2012

Cogote de merluza á vinagreta de tomate

Nesta receita imos facer unha merluza do pincho que a diferencia da outra é que esta pescase con anzol. É mellor merluza porque non está mazada ainda que o prezo é máis alto pero paga a pena. Nesta receita imos coller a parte da cabeza con algo de lombo que se coñece como cogote.

Ingredintes para 4 persoas:

  • Un cogote de merluza
  • Sal
  • Aceite de oliva suave
  • 2 tomates concassé
  • Unhas follas de alfabrega
  • Vinagre de mazá.

Elaboración:

  1. Poñer o cogote sobre unha bandexa de forno e salpementalo
  2. Facer a parte unha vinagreta de tomate, alfabrega, aceite e vinagre de mazá
  3. Aliñar o cogote e metelo no forno a 160 º C. uns 15 minutos aproximadamente dependendo do tamaño do cogote
  4. Acompañar dunhas patacas cocidas ó vapor

No hay comentarios:

Publicar un comentario