jueves, 6 de septiembre de 2012

Cake de laranxa

     Tratase dun biscoito aromatizado con laranxa, que lle da un toque cítrico e doce ó tempo. Ideal para almorzos, e merendas e incluso como postre fará a delicia de grandes e pequenos.
   Para facelo un pouco mais sorprendente empregamos un colorante alimentario verde, co que a miga do biscoito era moi chamativa e contrastaba co dourado da corteza e o laranxa  do azucre glass de laranxa que o recubria.

P9051178
Ingredintes:
  • 400 gramos de manteiga a temperatura ambiente
  • 500 gramos de azucre lustre ( glass)
  • raladura de duas laranxas
  • 100 gr de zume de laranxa
  • 7 ovos
  • 500 de fariña de trigo frouxa tamizada
  • 5 gr de impulsor ( levadura química tipo Royal)
  • Unha cullerada de licor  de laranxa ( opcional )
  • unhas gotas de colorante ( opcional)
  • azucre glass de laranxa para decorar ( opcional)
P9051181
Elaboración:
  1. Precalentar ó forno a 175ºC.
  2. Por na batidora de varillas a manteiga, azucre lustre, raladura de laranxa,e licor. Batir hasta exponxar ( obtense unha crema uniforme)
  3. Engadir os ovos de un , e a intervalos engadir o zume de laranxa, pouco a pouco para que non se corte a masa. Non engadir outro ovo ata que o primeiro non este na masa.A velocidade baixa.
  4. Incorporamos a fariña, e cando este misturado o colorante. Batemos ben a velocidade baixa.
  5. Forneamos a 175ºC durante unha media hora ou ata que o pinchar cunha agulla esta saia limpa.
  6. Sacamos do forno e espolvoreamos con azucre glass de laranxa para decorar
O azucre glass de laranxa o podemos facer empregando os seguintes ingredintes:
Azucre glass.
Raladura de laranxa secada  e triturada.
Misturamos todo e temos un rico azucre glass de laranxa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario