O MACARON é un pasteliño tradicional francés feito de clara de ovo, améndoa moída, azucre glass e azucre. O doce procede do século XVIII, surxindo do forno do pasteleiro da corte francesa como cùpulas redondas con base plana parecidas a merengues. Os macarons fanse dunha ampla variedade de sabores, segundo a confitería e a época do ano.
Non deben confundirse cos doces parecidos chamados macaroons. Os macarons son pasteliños como sandwiches feitos de duas galletas finas e unha crema ou ganache entre ambas, mentras os macaroons son galletas compactas feitas con cocos ou cunha pasta de améndoa grosa.
INGREDINTES:
- 480 gr de azucre glass
- 280 gr de améndoa moída
- 7 claras
- 6 gotas de colorante
- 40 gr de cacao
- 1 c/c de vainilla líquida
- 1 c/c de extracto de café
ELABORACIÓN:
- Misturar o azucre glas coa améndoa moída.
- Montar as claras a punto de neve e engadirlle a mistura anterior. Misturar o conxunto con delicadeza, engadir o colorante e poñer nunha manga pasteleira cunha boquilla lisa.
- Deixar repousar a masa uns 15 minutos.
- Precalentar o forno a 250ºC. Para cocer baixar o forno a 180ºC e cocer se son grandes uns 20 min e se son pequenos uns 12 min coa porta entreaberta do forno.
- Pódese rechear de confitura, ganache de chocolate, crema de manteiga, etc…
No hay comentarios:
Publicar un comentario