martes, 14 de agosto de 2012

TARTA SACHER



Atarta Sacher, en alemán Sachertorte ,é unha tarta de chocolate típica de Austria. Consiste en duas pranchas grosas de bizcoito de chocolate separadas por unha fina capa de mermelada de alberche evrecubertas cun glaseado de chocolate negro por riba e polos lados. O chocolate que cubre atorta permite que se conserve períodos longos. Tradicionalmente,soese acompañar de tona montada.
Foi  inventada en 1832 por Franz Sacher, entón xoven  aprendiz de repostería, para deleitar a un selecto grupo de invitados dun príncipe Klemens Wenzel von Metternich. Tras pasar 16 anos traballando en Bratislava e Budapest, Sacher volveu  a Viena y abriu unha tenda de delicatessen e viños. Eduard,o fillo maior de Franz Sacher, foi aprendiz de reposteiro na confitería vienesa Demel. Alí empezou a confeccionar a tarta do seu pai na forma que hoxe se coñece. En 1876 funou  o Hotel Sacher, todavía hoxe existente, y comenzou a vender la Sachertorte. Trala morte de Eduard Sacher, sua esposa Anna continuou  rexentando o hotel.


20120802133409


Ingredintes:


Para o biscoito:
  • 150 gr. de chocolate en anacos.
  • 150 gr. de manteiga.
  • 200 gr. de azucre.
  • un belisco de vainilla.
  • 7 ovos ( as claras separadas das xemas ).
  • 1 ovo enteiro.
  • 150 gr. de fariña frouxa tamizada.
  • 1 bote de marmelada de albaricoque fervida e tamizada.
20120802134027

Para a glasa:
  • 250 gr. de chocolate en anacos.
  • 300 gr. de azucre.

Para o xarope de cítricos.

  • 120 ml. de auga.
  • 70 gr. de azucre.
  • Un belisco de vainilla.
  • Raladura dun limón e unha laranxa.
  • Un belisco de canela moída.
  • 75 ml. de zume de laranxa.
  • 25 gr. de glicosa.
  • 75 ml. de ron añexo. 

20120802134034

Elaboración:
  1. Para o xarope: Mistúrase todo excepto o zume de laranxa, glicosa e ron. Ponse ao lume e unha vez que rompa a ferver retírase do lume, incorpóraselle o resto dos ingredintes.
  2. Para o biscoito: Fundimos o chocolate ao bano maria, mesturamos coa manteiga batida co auga (4 c/c de auga) 50 gr. de azucre e as sementes ata que a mistura quede branquecina.
  3. Engadimos as xemas de unha en unha e despois o ovo. A mistura debe quedar esponxosa o dobre que a inicial. Por último engadir o chocolate sen deixar de batir.
  4. Batir as claras cun belisco de sal ata que suban o dobre o seu volumen, engadir o resto do azucre pouco a pouco, intercalar coa fariña e misturar pouco a pouco.
  5. Botar nun molde enfariñado. Meter no forno a 175ªC durante 45 min. Poñer na parte de abaixo do forno.
  6. Para a glasa: Facer un almíbar con 170 ml. de auga co azucre, misturar fora do lume a mitade da cobertura de chocolate, remexer ben. Poñer de novo ao lume uns 2 min. e sacar de novo, incorporar ao resto do chocolate.
Este contraste de temperaturas fai que teña o brillo suficiente a cobertura.

Poñer por riba da tarta.

Montaxe:

  1. Cortar o biscoito, pintar co almibar e rechear coa confitura e botar a glasa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario