jueves, 23 de agosto de 2012

PEIXE SAPO A CAZUELA


     Esta cazo de peixe sapo é un manxar para os amantes do peixe, ten un sabor moi bó, nada forte asi que poden comelo ata os nenos pequenos, acompañado das patacas, faise unha comida moi saborosa.

P8220855

Ingredintes:
  • 4 medallóns de peixe sapo
  • 4 patacas
  • 1 pemento vermello
  • 200 gr de chícharos
  • viño branco
  • 1 litro de fumet
  • 4 dentes de allo
  • perexel picado
  • aceite de oliva
  • sal
  • un belisco de pementón doce
  • fariña frouxa

P8220859

Elaboración:
  1. Nunha cazola de barro, cubrimos o fondo con aceite de oliva; botamos o allo cortado en brunoise cando aínda esté frío o aceite.
  2.  Enriba poñemos as rodaxas de pataca tipo panadeira.
  3.  Remexemos e sazonamos con sal.
  4. Salgamos os medallóns de peixe sapo con sal e pementón doce e enfariñamos, dispomos enriba sobre a cama de patacas.
  5. Cortamos o pemento vermello en xardiñeira.
  6.  Engadimos sobre a anterior preparación co perexil picado.
  7.  Engadir os chícharos.
  8.  E cubrir cun vaso de viño branco e fumet de peixe.
  9.  Salgar o gusto.
  10. Facemos o movemento do baiben coa cazola para ligar a salsa e deixamos cocer uns 20 minutos aproximadamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario