A filloa é un produto gastronómico típico da sobremesa en Galicia coñecido tamén nalgunhas zonas como freixó ou (en Baiona) marrucho, pero esta denominación só corresponde ás que non levan sangue de porco, que é coma se facían tradicionalmente na matanza. A receita que se propón evita esta dificultade e pode cociñarse durante todo o ano. Normalmente sérvense todas no mesmo prato en forma de torre de filloas, abertas, unhas enriba das outras. Pódense comer quentes ou frías.
Ingredientes para 4 Persoas.
- 100 gr de fariña
- 35 gr de azucre
- 50 gr de manteiga
- 2 ovos
- raladura de 1/2 limón
- 1/4 de leite
- pizca de sal
Elaboración.
- Quentar a leite un pouco, nun bol, poñemos a fariña, os ovos, 25 gr de manteiga derretida e unha pizca de sal.
- Cando a leite estea fría, añadir a mezcla anterior e a raladura de limón. Deixamos repousar 30 minutos.
- Nunha tixola, botamos un pouco de manteiga e botamos pouca cantidade, cubrindo todo o fondo formando unha crepe.
- Para as de chocolate, restarlle a fariña 25 gr e engadindo 25 gr de cacao puro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario