viernes, 17 de agosto de 2012

Spaguetti con salsa bolognesa

 

     Os espaguetis (en italiano, spaghetti; singular spaghetto, diminutivo de spago, 'cordón') son un tipo de pasta con forma de cordas longas e delgadas, de sección circular. Se ben son un prato típico da comida italiana, conta a tradición que foron introducidos en Italia por Marco Polo, ao seu regreso de China.
Son populares na gastronomía de case todos os países, non só a de Italia.

     A boloñesa ou bolognesa é unha salsa moi comunmente usada para acompañar pastas (unha das máis comúns é a tagliatelle alla bolognese ou os spaghetti alla bolognese) ou á típica polenta. Cando acompaña un prato aparece a denominación "alla bolognese" (á boloñesa). É unha salsa espesa, de cor vermella, moi empregada nas bisbarras próximas a Bolonia, leva o nome ragù como deformación do francés "ragoût".

 

 

P8140795

 

Ingredientes para 4 persoas.

  • 500 gr de spaguetti
  • 1 kg de carne picada mixta (porco, tenreira)
  • aceite de oliva
  • unha folla de loureiro
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • parexil picado
  • 2 vasos de viño tinto
  • 1 bote de tomate triturado
  • 1 bote de tomate fritido
  • 2 cenorias
  • un belisco de ouregano
  • salpementa

 

P8140796

 

Elaboración.

  1. Para a salsa: Nunha pota, cubrir o fondo con aceite de oliva, botar a carne sazoada con salpementa, allo picado e perexil. Remexer e desfacer cun batidor de man.
  2. Botar as cenorias e a cebola cortada en brunoise xunto coa folla de loureiro. Deixar cociñar unos 10 minutos. Engadir o viño tinto e os dous botes de tomate con ouregano.
  3. Deixar cocer a lume baixo uns 20 minutos.
  4. Se serve cun pouco de pasta no prato e a salsa enriba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario