Esta especie tamén é chamada raia de boca rosa ou raia común. É un peixe cartilaxinoso, é dicir non posúe esqueleto óseo e é raxiforme. Está emparentado cós tiburóns. Atópase en fondos areosos ou limosos. Normalmente vive nas profundidades e fondos mariños. Aliméntase de crustáceos, peixes pequenos e tamén dos desperdicios arrastrados polas correntes mariñas, polo que se considera omnívora.
Soe medir entre 80 e 90 cm, aínda que pode chegar ós 120 cm. O seu corpo romboidal ten os ángulos pouco definidos. É de pel grosa, áspera, con coloración ocre e a parte inferior de cor branco rosáceo.
INGREDINTES:
- 1/2 kg de raia
- 1 kg de patacas
- 2 dentes de allos
- 1 cebola pequena
- 2 c/g de vinagre de viño branco
- 1 c/c de pementón doce
- 1 folla de loureiro
- 1 vaso de aceite de oliva
- sal
ELABORACIÓN:
- Limpar a raia e troceala. Cortar as patacas en cachelos. Poñer unha pota coa folla de loureiro e cando empece a ferver botar as patacas e a sal.
- Despois de uns minutos de cocción engadir a raia e deixar uns 12 min ata que esté tenra (o tempo é aproximado porque depende do tamaño do peixe). Escurrir algo da auga da cocción.
- Aparte facer un refrito coa cebola cortada en paisana e o allo en brunoise, aceite de oliva, pementón e vinagre.
- Engadirlle á cocción do peixe e darlle un fervor. Empretar e espolvorar cun pouco de perexil picado. Débese servir moi quente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario