Os mitílidos (Mytilidae), coñecidos comunmente como mexillóns ouchoros (en América do Sur), son unha familia de moluscos bivalvos de grande interese económico e gastronómico. Como outros bivalvos, son animais filtradores que viven fixados ao substrato. Son exclusivamente mariños e viven tanto en zonas intermareais como zonas mergulladas das costas de todo o mundo.
Na gastronomía dalgúns países é moi frecuente velo cocido, neste momento as valvas ábrense debido á calor e pódese ver o contido do mexillón. Cando se serve adóitase acompañar de diferentes salsas que poden ir dende unha vinagreta ata acompañados con maionesa, é moi popular na cociña española do norte, por exemplo en Galicia onde se adoita tomar cun viño ribeiro ou un albariño. Son moi celebrados en todos aqueles países con acceso a un litoral.
Ingrediente para 4 persoas.
- 1.5 kg de mexilons
- 1 pemento vermello
- 1 pemento verde
- 1 cebola
- 2 ovos
- 1 c/g de pementón doce
- perexil picado
- aceite de oliva
- vinagre
- sal
Elaboración.
- Limpar os mexilóns, abrilos cun pouco de viño branco o vapor.
- Corar tódalas hortalizas en brunoise. Cocer os ovos en auga salgada durante 11 minutos e despois refrescar.
- Facer a vinagreta cos ingredientes. Colocar os mexilóns nunha bandexa e aliñar coa vinagreta.
- Espolvorear de perexil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario