martes, 28 de agosto de 2012

SPAGUETTIS CARBONARA

 

     A carbonara é unha salsa empregada nos pratos de pasta, xeralmente spaguetti ou calquer pasta longa, tradicional da cociña italiana que se pode ver a miudo na cidade de Roma.

      A receita orixinal romana emprega só como ingredintes ovos, pementa negra e touciño; e para ligar a salsa: ben aceite de oliva ou manteiga. A crema ou nata non é un ingredinte orixinal desta salsa ó igual cá cebola, e non se emprega coa pasta en Italia central.

P8281011 

 

INGREDINTES:

  • 500 gr de spaguettis
  • sal
  • 1/2 lt de tona líquida
  • 200 gr de baicon
  • 1 xema de ovo
  • perexil picado
  • 1/2 cebola

 

P8281012

 

ELABORACIÓN:

  1. Nunha pota poñer auga ata case cubrila. Cando rompa a ferver baixar o lume e engadir o sal.
  2. Meter os spaguettis soltos e remexer de vez en cando.
  3. Por outro lado poñer nunha tixola un pouco de aceite e saltear a cebola cortada en xuliana, engadir unhas lonchas de bacon.
  4. Quentar a tona un pouco ata que esté tebeda, engadir o bacon e deixar infusionar ata que tome sabor uns 10 min.
  5. Cando este a pasta escurrir e misturar coa salsa anterior. Xa fora do lume engadímoslle a xema do ovo, remexer e espolvorear de perexil e queixo parmesano relano.
  6. Servir de inmediato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario