O salmón é un alimento moi san polo seu alto contido en proteínas e ácidos graxos omega-3, cun contido moderado en graxas. é un peixe azul ou graxo. A graxa é rica en ácidos graxos omega-3. Por este motivo recoméndase o consumo habitual de salmón á poboación xeral. O salmón é unha excelente fonte de proteínas de alto valor biolóxico, ao igual que o resto de peixes.
Ingredientes :
- 500 gr de salmón
- 1 porro
- 1 cenoria
- 1 pemento verde tipo italiano
- 1 cebola
- 1 cabaciña
- 1 pemento vermello
- salsa de soia
- Cortar o salmón en supremas.
- Sazoar con salpementa, marcar na prancha por ambos lados, poñer un anaco de papel antigraxo na tixola e rematar no forno.
- Nunha tixola cun pouco de aceite de oliva, botamos as hortalizas cortadas en xardiñeira e salteamos con salsa de soia.
- Dispoñemos no prato de forma armónica e decoramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario