Estas tellas teñen un sabor a cítricos que fai co paladar saboree moito.
Ingredentes para 4 persoas.
- 125 ml de zume de laranxa
- 65 ml de zume de limón
- 125 gr de fariña frouxa
- 500 gr de azucre glass
- 188 gr de manteiga
Elaboración.
- A manteiga debe estar a temperatura ambente. Mesturar co azucre glass e un pouco de fariña. Remexer ben e botar o resto.
- Engadimos os zumes a temperatura ambente. Mesturamos ben. Cun tapete de silicona, facer os círculos grandes, meter no forno a 180º uns 5 minutos aproximadamente vixiando que non se torre demasiado.
- Manter nun lugar seco da cociña para evitar a humidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario