lunes, 20 de agosto de 2012

PEMENTOS DE PADRÓN RECHEOS

Os pementos de Padrón son unha variedade de pemento típico de Galicia , caracteristicos polo seu tamaño e sabor. O dito dí os pementos de Padrón, uns pican e outros non.



Ingredintes:

  • 12 unidades de pementos de Padrón
  • 250 gr de queixo de tetilla
  • 1 c/c de pementón picante
  • 1 c/c de pementón doce
  •  un belisco de sal maldón

Elaboración:

  1. Lavalos pementos,cortalos polo péndulo, eliminarlles as sementes.
  2. Cortar a tetilla en trociños pequenos e rebozala cos dous tipos de pementón.
  3. Meter dentro do pemento e pechar cun escarbadentes.
  4. Fritir nunha tixola con aceite de oliva (pouco), rematanse dandolles un golpe de forno.
  5. Por último engadimoslle un belisco de sal maldón ou sal grosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario