martes, 28 de agosto de 2012

FIDEUÁ

 

A fideuá (en valenciano FIDEUÀ, pronunciación valenciana da palabra “fideuda”, significando literalmente “conxunto de fideos”) é un prato mariñeiro orixinario das costas da Comunidade Valenciana que se elabora de forma parecida á paella. Os seus ingredintes principais son: peixe (de rocha, rape, sepia, calamar) e mariscos (galeras, gambas, cigalas ). É similar ó arroz a banda, pero sustituindo ó arroz por fideos de pasta. Aderézase principalmente con limón. Pódese facer nunha paelleira ó igual ca paella.

 

P8270988

 

INGREDINTES:

  • 1/2 cebola
  • 150 gr chicharos
  • 1/2 pemento vermello
  • 2 dentes de allo
  • 1/4 de kilo de calamares
  • 1 muslo de polo
  • 500 gr de fideo de fideuá
  • 2 tomates en concase
  • un belisco de azafrán
  • un litro de fumet de peixe
  • 1 ñora

P8270989

 

ELABORACIÓN:

  1. Meter no forno a tostar os fideos para darlle cor. Poñer a hidratar a ñora.
  2. Nunha paelleira sofreír as hortalizas cortadas en paisana, cebola, pemento, tomates en concase, allo en brunoise. Engadir os calamares troceados e o polo.
  3. Engadir os fideos, botar duas culleradas de fumet de peixe quente, o azafrán e a ñora.
  4. Cando leve 10 minutos cocendo botarlle os chicharos. Espolvorear de perexil picado e sazoar.
  5. Pódese acompañar dunhas tiras de pemento vermello crú e cuartos de limón

No hay comentarios:

Publicar un comentario