jueves, 23 de agosto de 2012

BANDA DE FROITA CON CREMA PASTELEIRA

¿Quén resistese a un bo postre como culminación duhna sobremesa en grata compañía? Seguro que son moi poucos os que dicen que non, sobre todo cando ofrecemos un postre doce, saboroso e sen que chegue a empalagar. A receita que os propoño para hoxe está baseada en estas premisas: Banda de follado con crema e froita do tempo, unha combinación de ingredintes que conseguen que este postre guste a todos por igual. A aqueles que prefiren froita, os que adoran os doces máis elaborados e quenes disfrutan paladeando esta combinación, seguro que a receita convence a todolos vosos convidados. É bastante sinxela de cociñar e cuns ingredintes económicos.













 Ingredintes:

  • 1 praca de follado
  • 1/2 lt de crema pasteleira
  • 1 kg de froita variada
  • 1/2 lt de tona montada con mel
  • 100 gr de coco relado
  • xelatina neutra

Para a crema pasteleira:

  • 1/2 lt de leite
  • pel dun limón
  • 100gr de azucre
  • 50 gr de fariña
  • 3 ovos


Elaboración:

  1. Mesturamos o ovo coa fariña e o azucre nun cazo. Noutro cazo poñer a ferver o leite e infusionar a pel do limón.
  2. Xuntar ambas preparacións ( a masa coa crema pasteleira) ata cuaxar a crema. Reservar.
  3. Cocer a praca de follado no forno a 200ºC ata que adquira cor.
  4. Extenderlle a crema por riba e deixar que se asente.
  5. Decorar coa froita ao gusto.
  6. Pintar cun pouco de xelatina neutra para darlle brillo,espolvorear de coco relado.
  7. Meter na neveira ata o momento de servir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario