Riquísima ensalada a que presentamos hoxe no blog, chea de cor, sabor e apreciando as distintas texturas que conteñen.
Ingredentes:
- Mezclum de leitugas
- 1 mango
- 250 gr de queixo de cabra
- 180 gr de bacon
- aceite de oliva virxen extra
- sal maldon
- vinagre balsámico
- 50 gr de azucre
- unhas follas de alfabrega
Elaboración:
- Lavar e escurrir o mezclum de leitugas.
- Nun bol facer a crema balsámica.
- Nunha tixola botar o mango cortado en brunoise, rebozalo en azucre e caramelizado.
- Poñer o bacon no forno a 180º uns 8 minutos.
- Marcamos o queixo na prancha ata que se lle faga unha costra.
- Dispor o mezclum de leitugas nunha bandexa, poñer o queixo, bacon de forma armónica co mango caramelizado.
- Aliñar coa crema balsámica e sal maldón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario