viernes, 17 de agosto de 2012

Coca de verduras


     Propoñémos unha crocante e colorida coca de verduras. Este modo de preparar as verduras fai que o seu consumo poida ser mellor aceptado polos máis pequenos, que normalmente non comen con demasiado entusiasmo o típico prato de verdura cocida con pataca.

20120802132311

Ingredientes para 4 Persoas.
  • 1 cabaciña
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 tomate
  • un belisco de ouregano
  • sal
  • azucre
Para a masa.
  • 450 gr de fariña frouxa
  • 250 gr de aceite de oliva
  • 250 ml de leite
  • 10 gr de sal
  • 20 gr de azucre

20120802132317

Elaboración.
  1. Meter os ingredientes na batidora co brazo amasador. Amasar ata que a masa se desprenda das paredes da batidora.
  2. Extendela nunha praca de forno cun chisco de aceite de oliva. Botálas hortalizas cortadas en mirepoix cun belisco de sal e ouregano e un chisco de azucre.
  3. Meter no forno a 180º uns 35 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario