Hoxe traemosvos outra receta de costela que e unha carne moi versátil, ainda que maioritariamente so a usemos para churrasco. Acompañado das verduras e un prato moi sabroso e saudable.
Ingredientes :
- Unha tira de costela de porco
- 2 cenorias
- 1 pemento vermello
- 1 pemento verde
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- 1 cabaciña
- 1 brócoli
- 150 gr de chícharos
Elaboración:
- Troceamos a costela en anacos e poñemos en adobo con auga fría, pementón doce, salpementa, os dentes de allo, tomillo fresco, de ourego, vaso de viño branco, aceite de oliva e perexel picado.
- Cortamos as hortalizas en mirepoix e salteamos cun pouco de aceite nunha pota, salgamos.
- Incorporamoslle a costela coa salsa do adobo e deixamos cociñar uns 15 min.
- Acompañar con patacas bastón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario