O tomate orixinouse moi probablemente nas terras altas da costa occidental de sudamérica.os españois levaron o tomate a europa no 1540 , o cal creceu con facilidade nos climas mediterráneos. Xa , en 1608, aparecen documentos en forma de listas da compra para o "hospital da sangue en sevilla" indican a presencia de tomates e pepinos para a elaboración de ensaladas.
A sardiña consómese tanto en fresco como en conserva, con numerosas formas de preparación na cociña. É un peixe azul por excelencia, con niveis de graxa en torno ó 6,3% ou máis no seu mellor momento, proporcionando unhas 134 calorías por 100 g. Pola súa riqueza en ácido omega-3, considérase un "protector" do corazón, en contra da crenza hoxe superada de que, por ser peixe graxo, incrementaba o colesterol. Tamén resulta especialmente rico en vitamina B12.
As xoubas ou as sardiñas en conserva, polo feito de comerse enteiras, coa espiña, constitúen unha interesante fonte de calcio e fósforo
Nesta ensalada usamos coma ingredientes principais estos dous ingredintes.
- 2 tomates maduros
- Unha lata de sardiñas
- Aceite de oliva
- Un belisco de pementón doce
- Sal
Elaboración:
- Lavar e cortar os tomates en rodaxas. poñer un belisco de sal ; E emulsionar nun biberón o aceite oliva temperado co pemenón doce, e colar .Dispor as rodaxas nun prato de forma armonica
- Poñer enriba de cada rodaxa de tomate unha sardiña ; sazoar e aliñar co aceite de pementón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario