miércoles, 22 de agosto de 2012

XURELES A LARANXA


     É un peixe azul de calidade aceptable xa que, aínda que a súa carne resulta moi saborosa, é moi difícil de conservar fresca e perde o seu bo sabor ao cabo dalgunhas horas de ter sido pescado.

     Pertencente á familia dos carángidos, é un peixe gregario e bo nadador, de corpo estilizado e comprimido, cun estreito pedúnculo caudal e pectorais alongadas. Da cabeza á cola, ten unha liña lateral moi alongada, arqueada e sinuosa, formada por grandes escamas óseas en forma de escudos.

     A súa coloración vai do de gris escuro ao negro na cabeza e a parte superior do corpo; gris verdoso ou azulado prateado nos flancos e case branco na parte do ventre. Ten unha mancha escura no opérculo ou bordo de orella e uns ollos grandes, cunha pálpebra adiposa ben desenvolvida.
2012-08-20 14.13.24

Ingredentes para 4 persoas.
  • 4 xureles frescos
  • 1 cebola
  • 1/2 c/c de pementa moida branca
  • 1/2 c/c de pementón doce
  • 3 laranxas
  • aceite de oliva

2012-08-20 14.13.38

Elaboración.
  1. Cortamos a cebola en xuliana e a pochamos nunha tixola cun chisco de aceite de oliva.
  2. Limpamos os xureles, facemos unhas incisións nos lomos e lle poñemos unhas rodaxas de laranxa cortadas pola mitade.
  3. Dispomos os xureles nunha praca de forno con aceite de oliva por debaixo. Cubrimos coa cebola, salpementamos e lle engadimos o pementón doce, un chorro de aceite de oliva, o zume das laranxas por riba.
  4. Metemos no forno uns 25 minutos a 175º. Acompañamos cunhas patacas a panadeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario