miércoles, 29 de agosto de 2012

CREMA SANT GERMAIN


O chícharo, ervello ou ervella (Pisum sativum) é a pequena semente comestible da planta, pódense consumir as propias vaíñas por seren moi tenras.
Como todas as leguminosas, ademais de ser unha boa fonte de proteínas, minerais e fibras é beneficiosa para a terra, xa que fixa o nitróxeno no chan debido a certas bacterias que proliferan nos nódulos das raíces e producen nitratos.
É aiqui unha boa ocasión para disfruta de esta leguminosa, pódese degustar como aperitivo ou primeiro prato, fácilisimo de facer e co que sempre quedamos ben.

2012-08-29 13.20.12

Ingredintes:

  • 500 gr. de chicharos.
  • 1 pataca.
  • 1/4 de cebola.
  • 1/2 porro.
  • Aceite de oliva.
  • Follas de menta.
  • Auga mineral.
  • Manteiga.

2012-08-29 13.20.26

Elaboración:

  1. Nunha pota cubrimos o fondo co aceite de oliva, cando este quente votamoslle a pataca cortada en vichy, a  cebola e o porro cortado en xuliana,  os chícharos e auga mineral ata cubrir a preparación.
  2. Deixar cocer uns 20 min., triturar coa batidora e pasar por o chino. Sazohar e engadir unha noz de manteiga, unhas follas de menta escaldadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario