jueves, 23 de agosto de 2012

TARTA FRIA DE QUEIXO

O pastel de queixo é un dos postres máis comuns do mundo e, quizáis, un dos máis antigos no que utilizan lácteos diferentes do leite. O primer rexistro que fai mención o pastel de queixo ven da antiga Grecia.
O truco desta tarta é un sobre de xelatina neutra, o podedes mercar en calquer super o hipermecado. Como non ides empregar forno o único que necesitades pra esta tarta é preparala dun día para outro. Necesita unhas 10 horas na neveira para que saia perfecta e o máis fundamental é que vos guste o queixo.




Ingredintes:

Pro recheo:

  • 250 gr de queixo mascarpone
  • 250 gr de queixo fresco de napar
  • raladura dunha lima
  • 3 follas de xelatina
  • 250 gr de tona montada
  • 150 gr de azucre

Pra masa:

  • 1 paquete de galletas maria
  • 25 gr de manteiga derretida
  • 1 chorriño de coñac
Pra xelatina de froitos vermellos:

  • 1/4 lt de auga
  • 2 follas de xelatina 
  • 300 gr de froitos vermellos


Elaboración:

  1. Esmagamos as galletas ben, misturamolas coa manteiga derretida e o coñac.
  2. Collemos un aro de facer tartas asentamos sabre unha bandexa cun papel de forno.
  3. Cubrilo fondo co preparado.
  4. Montamos a tona co azucre, misturamos cos queixos nun bol.
  5. Relamos a corteza de lima e misturamos de novo.
  6. Poñemos as follas de xelatina nun pouco de auga.
  7. Cando esten brandas escurrimolas ben, engadir nun pouco de tona quente e desfacelas.
  8. Unha vez arrefiada mesturar coa anterior prepearación.
  9. Poñer enriba da base de gallletas e gardar ata o día seguinte.
  10. Facemola xelatina cos froitos nun cazo e deixamos que enfrie a temperatura ambinte, botamolo por riba e deixamos que cuaxe.
  11. Desmoldamos do aro e servese frio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario