Piña coada é o nome con que se coñece unha bebida alcohólica (e non alcoholica) doce que se prepara con ron, crema de coco e zume de piña. Acompáñase habitualmente cun toro de piña. A Piña Coada é orixinaria e a bebida oficial de Puerto Rico dende 1978.
Ingredentes para 4 persoas.
- 175 gr de piña
- 100 ml de zume de piña
- 1 c/g de fariña de millo
- 300 ml de tona líquida
- 30 gr de coco ralado
- belisco de vainilla
- 15 gr de azucre
- un chorriño de ron
- 150 ml de auga
- 50 gr de azucre moreno
- unha folla de xelatina
Elaboración.
- Nun cazo poñemos o zume de piña e se deixa reducir. Cando pasen 5 minutos, engadirlle a fariña de millo co auga
- Para o granizadde ron, poñer a folla de xelatina en auga fría a rehidratarse; nun cazo aparte, poñer o auga, azucre moreno, zume de piña, o ron. Verter nunha bandexa e ralar de vez en cando. Meter no conxelador.
- Limpar a piña e cortala en brunoise para salteala e caramelizala. Reservar.
- Montar a tona co azucre, vainilla e cando esté lista, engadirlle o coco ralado. Reservar nunha manga pasteleira con boquilla redonda.
- Montar nun vaso por capas; piña caramelizada, tona, granizado, tona, piña caramelizada, granizada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario