Se necesitas unha boa sobremesa, que che parece unha tarta de limón? É un doce ideal para tomar despois de comer ou cear e enriba con vitaminas. Podes botarlle mousse, merengue ou leite condensado e terás unha torta para chuparse os dedos.
Ingredientes :
Pasta brisa doce:
- 1/2 kg de fariña frouxa
- 200 gr de manteiga
- 150 gr de azucre glass
- 2 ovos
- 10 gr de sal
- aroma (canela, vainilla…)
- 375 gr de azucre
- 9 ovos
- 300 gr de tona semimontada
- 4 limóns.
- Facer un volcán cos ingredientes excepto ca fariña que engadiremos progresivamente anque sen mesturar demasiado.
- Bolear a masa resultante e envolver en papel film e gardar na neveira durante 1 hora.
- Forrar o molde coa masa estirada e poñer os garabanzos para que a masa non suba e cocer a 180º ata que colla cor.
- Para a crema; bater os ovos co azucre e mesturar coa tona semimontada, o zume dos limón e a raladura dos mesmos.
- Botar sobre a pasta brisa crua e cocer a 160º ata que teña unha costra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario