miércoles, 29 de agosto de 2012

COSTELAR DE PORCO LAQUEADAS


Máis de algunha vez temos organizadas unas estupendas barbacoas ao aire libre, pero….entra unha borrasca polo  noroeste, ¿ é qué facemos con esas fabulosas costelas?. Pois Costelar de Porco Laqueadas. Para chuparse os dedos!!!!!…
O asado de tira é un corte de carne vermella. O costelar  do animal é cortado de forma transversal en tiras, por iso inclue trozos de oso, da sección do costelar máis cercana a columna vertebral extraense os cortes coñecidos xenéricamente como chuletas “costela redonda”, “costela sen lombo” e “ costela con lombo”. O grosor da costela indica a idade do animal, canto máis anchas maior idade. Por iso, moitos cociñeiros prefiren costelas de osos pequenos con forma redondeada, o que indica que o animal é xoven e a carne máis tenra.
2012-08-29 14.05.28 

Ingredintes:

  • 1 costelar de porco.
  • Aceite de oliva.
  • Salpementa.
  • 20 gr. de curry.
Para o laqueado:
  • 2 tomates maduros.
  • 2 c/g de azucre moreno.
  • 20 gr. de curry.
  • 150 ml. de vinagre de xerez.
Acompañar de Cous-Cous.

2012-08-29 14.05.49

Elaboración:

  1. Poñer o forno a 160ºc nunha tixola dourar algo o costelar con aceite de oliva.Nesta mesma tixola facer a laca.
  2. Cortar os tomates en mirepoix, saltealos e engadirlle o azucre moreno, curry e vinagre de xerez. Darlle unha fervura ao conxunto duns 5 minutos ata que adquira unha textura espesa. Pasar por un colador.
  3. Meter o costelar no forno, cando leve 20 minutos de cocción embadurnar coa laca, deixar cocer uns 15 minutos máis.
  4. Para o cous-cous :
          Quentar ó auga, cando ferva engadirlle ó sal  e botarlle os cous-cous ata que se  inche. Mesturar con cabaciña, cenoria, porro, sazoador de cous-cous, todo cortado en paisana e salteado con aceite de oliva nunha tixola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario