Ingredintes:
- 1/2 manoxo de grelos
- 1 dente de allo
- 2 patacas
- 2 lt de caldo vexetal
- unha noz de manteiga
- 1 xorriño de tona
- salpementa
Elaboración:
- Lavamos e cortamos o manoxo de grelos en chifonada, as patacas en vichi, o allo en lascas.
- Nunha pota cubrimos o fondo con aceite de oliva, deixamos quentar e botamolas hortalizas; refogamos ben cunha pizca de sal.
- Cubrimos a preparación co caldo vexetal, deixamos cocer uns 25 minutos.
- Despois triturar, pasar polo xino e sazoar ben.
- Botamoslle a noz de manteiga pra darlle brillo e volvemos a triturar xunto coa tona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario