viernes, 17 de agosto de 2012

Xamonciños de polo en pepitoria


     A carne de polo denomínase aos tecidos procedentes do polo, é moi frecuente encontrarse esta carne en moitos pratos e preparacións da culinaria de todo o mundo. A súa carne considérase un alimento básico e é por esta razón pola que se inclúe no índice de prezos ao consumo.
     Adóitase empregar nunha gran variedade de preparacións que van dende o asado á grella (barbacoa), ao forno, frito, ata a participación da súa carne na elaboración de sopas ou caldos. Pódese ver a súa carne picada en ensaladas, sándwichs. Unha das variedades máis frecuentes é o polo asado que se pode ver nas diferentes cidades do mundo. Algúns dos seus compoñentes asócianse á elaboración de fast food e algunhas cadeas como Kentucky Fried Chicken especializáronse en servir porcións desta carne nos seus pratos.

P8140801

Ingredientes para 4 persoas.
  • 1.5 kg de xamonciños de polo
  • 1 cebola
  • 200 gr de xamón serrano
  • 150 gr de cogumelos
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 litro de caldo de polo
  • salpementa
  • aceite de oliva
  • unha folla de loureiro
  • Patacas lionesas.
    • 2 kg de patacas
    • 1 cebola
    • aceite de oliva extra virgen
    • 100 gr de manteiga
    • sal e pementa
    • perexil

P8140802

Elaboración.
  1. Adobamos o polo con sal e pementa e o vaso de viño branco.
  2. Cortamos a cebola en paisana grande, o xamón en tirar grosas, os cogumelos en láminas.
  3. Nunha pota, por aceite para cubrir o fondo. Unha vez quente, saltear o polo. Unha vez dourado, botar as hortalizas e refogar, cando pasen 5 minutos, botar o viño branco. Deixar cocer uns 25 minutos.
  4. Para facer as patacas lionesa. Nunha tixola botamos a cebola cortada en xuliana e un chisco de sal, refogamos. Antes de que tome cor, botamos as patacas en rodaxas finas remexendo de vez en cando para que non se agarren.
  5. Cando estéan cociñadas, se dispoñen nunha bandexa de forno, se lle engade a manteiga e métense no forno para que se doren.
  6. Unha vez que estéan listas, se sacan e se espolvorean de perexil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario