Delicioso entrante o que é esta receita, e co acompañante de enriba, a anchoa, faille un sabor na boca rico e moi apetecible.
Ingredentes para 4 persoas.
Para a masa de olivas negras.
- 200 gr de olivas negras sen oso
- 280 gr de fariña frouxa
- 90 ml de aceite virxen extra
- 90 ml de auga mineral
- 16 gr de levadura química
- 2 cebolas tenras
- 2 pementos vermellos
- 1 berenxena
- 2 tomates maduros
- 1 c/c de ouregano
- 1 lata de anchoas
- unhas follas de alfabrega
- salpementa
Elaboración.
- Poñer a secas as olivas escurridas no forno a 90ºc combinación seco e ventilador, uns 10 minutos. Unha vez fría, triturar cun molinillo as olivas ata ter un pó.
- Mesturar nun bol o pó das olivas coa fariña, auga, o aceite, levadura ata formar unha masa homoxénea. deixar repousar 10 minutos tapada.
- Extender a masa e cortar en rectángulos. Cortar as hortalizas asadas no forno a 160ºc uns 30 minutos envoltas en papel albal, excepto os pementos sen papel uns 20 minutos con aceite e sal.
- Dispor sobre a tosta de coca as hortalizas salpementadas e cun belisco de ouregano.
- Fornear a 180ºc en convección uns 15 minutos ata que estea dourada a masa. Rematar espolvoreando cunhas follas de alfabrega e os filetes de anchoa por riba troceados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario