viernes, 17 de agosto de 2012

Cogollos de Tudela con piperrana e anchoas


     Excelente forma de tomar un entrante para a tempada de verán, a mezcla de hortalizas coa vinagreta, faille un sabor excelente e o punto salgado da anchoa, fai un contraste delicioso.

     Os cogollos de Tudela    son leitufas romanas enanas e o seu aspecto e similar oó de un repolo, que tradicionalmente culrivanse no municipio navarro de Tudela ( España) e nos alrededores da ribeira do Ebro.
Caracterizanse por ser tenros e apretados e ter as follas fortes, grosas e moi rugosas , con nervio centrar desenrolado, cunha cor que vai dende o verde claro das follas exteriores o amarelo dos interiores. Cultivanse durante todo o ano ó aire libre ou en invernadoiro e se acogollan espontáneamente, co cal non é preciso atalos.
    Teñen un sabor amargo, máis forte que o da leituga común. Encontranse no mercado casi exclusivamente como produto fresco, usandose principalmente en ensaladas. Normalmente se sirven cortados lonxitudinalmente en dous ou catro anacos, e aliñados cunha vinagreta, sendo habitual acompañalos con anchoas, como ocorre no caso da nosa receita.


20120724125516

Ingredientes para 4 Persoas.
  • 4 cogollos ben pretos
  • 1 tomate maduro
  • 2 pementos do piquillo
  • 1/2 pemento verde
  • 1/2 cebola
  • salpementa
  • vinagre de xeréz
  • aceite de oliva virxen extra
  • 1 lata de anchoas
  • 1 dente de allo
20120724125622
Elaboración.
  1. Para a piperrana: Cortar o tomate en concassé. Pementos, cebola e allo en brunoise. Misturar nun bol coa vinagreta.
  2. Dispor os cogollos lavados e cortados en cuartos e os sazoamos. Aliñar coa piperrana por riba.
  3. Por último poñer unha anchoa a cada cogollo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario