Un postre delicioso, non e moi pesado despois dunha xantar abundante, uns “barquillos” que se poden acompañar dun café.
Ingredientes para 4 persoas.
- 250 gr de manteiga
- 250 gr de azucre glass
- 250 gr de claras de ovo
- 250 gr de fariña frouxa
Elaboración.
- Mesturar a manteiga en pomada co azucre glass. Traballar ben ata que branquee.
- Engadir a metade da fariña e a metade das claras, traballar a masa, engadir o resto. Debe quedar unha pasta fina sen grumos.
- Facer círculos no silpat con axuda dunha culler, meter no forno a 180º uns 5 minutos.
- Despois enrolar nos tubos cilíndricos para darlle forma de cigarro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario