jueves, 23 de agosto de 2012

ENSALADA PIRENAICA


É  unha ensalada diferente e orixinal, é un pouco elaborada pero merece a pena probala xa que a mestura dos ingredintes aportalle un sabor moi interesante.



Ingredintes:

  • 1 leituga
  • 1 tomate
  • 150 gr de xudias verdes
  • 12 unidades de olivas negras tipo aragón
  • 1/2 cebola
  • 1 pemento verde tipo italiano
  • 150 gr de tallos de esparragos brancos
  • salpementa
Pro aliño:

  • 1 dente de allo picado
  • 5 c/g de maionesa
  • 1 belisco de perexel picado
  • 3 c/g de tona

Elaboración:

  1. Lavar, escurrir e cortar a leituga (en chifonada), o pemento, a cebola ( en xuliana), o tomate (en cuartos).
  2. as xudias as cortamos pola metade e as cocemos 15 min. , refogamos.
  3. Facemos o aliño có dente de allo, aceite de oliva, tona , perexel picado e emulsionamos.
  4. Colocamos de forma decorativa sobre unha bandexa tódolos elementos.
  5. sazoamos e botamos os aliños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario