jueves, 30 de agosto de 2012

OVOS MARMOLADOS





O té negro é un té que atópase oxidado no maior grado que as variedades doutros tés. Préparase coas follas de Camellia sinensis. Xeralmente posúe un aroma máis forte e contén máis teína cos outros tés con menores niveis de oxidación. O té negro preparado con auga quente podía servir de colorante para as telas.
O té que se importaba nun principio en Europa era o té verde ou semi oxidado. No século XIX, o té negro ganoulle popularidade ó té verde.


Ingredintes:

  • 4 ovos.
  • 5 dl. de auga.
  • 10 gr. de follas de té negro.
  • 1 peza de anís estrelado.
  • Salsa de soia.

Elaboración: 

  1. Nunha pota poñer auga cando rompa a ferver botar os ovos; cando pasen 3 minutos retirar e facerlle unhas pequenas grecas, aplastando os ovos con suavidade.
  2. Engadir os demáis elementos da preparación e deixar cocer por espazo de 10 minutos.
  3. Deixar enfriar na propia auga. Quitarlle a cáscara e rechear co que se queira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario