miércoles, 22 de agosto de 2012

TIRAMISÚ ORIXINAL


     O tiramisú (do italiano tiramisù) é unha sobremesa fría de culler que se monta en capas. Non existe unha receita única de elaboración, senón variantes a partir dunha serie de ingredientes base que poden ser representados por distintos produtos. Componse sempre dun ingrediente humedecido en café, sobre o que se superpón (de forma alterna ou non) unha crema cuxa base son ovos batidos con azucre; preséntase espolvoreado con cacao en po.
     Ten a súa orixe na parte Leste do Norte de Italia, na rexión do Veneto (cuxa capital é Venecia) nos anos cincuenta. Algunhas fontes concretan nos bordeis da rexión a súa localización exacta de creación.

P8210811

Ingredientes para 4 persoas.

Para os biscoitos de soletilla.
  • 150 gr de xemas
  • 50 gr de azucre para a xemas
  • 225 gr de claras
  • 200 gr de azucre para as claras
  • 375 gr de fariña frouxa

Para a crema.
  • 3 xemas
  • 75 gr de azucre glass
  • 350 gr de queixo mascarpone
  • 1 taza de café so expresso
  • cacao amargo
  • 1/2 vaso de frangélico ou amaretto

Elaboración.
  1. Para os biscoitos: Exponxar as claras co seu azucre e as xemas co seu. Despois mesturara suavemente, non debe baixar.
  2. Antes de rematar o paso das dúas mesturas de exponxado, engadir a fariña tamizada pouco a pouco procurando que non baixe o batido.
  3. Verter esta masa nunha manga pasteleira con boquilla lisa. Dispor sobre unha bandeza de forno con papel antigraso, facemos as formas de soletilla duns 8 cm de longo. Cocer no forno a 220º máis por riba que por baixo uns 12 minutos aproximadamente. Reservar nun lugar seco sen humidade.
  4. Braquexar as xemas co azucre glass; mesturar co queixo.
  5. Dispor os biscoitos de soletilla, bañar co café e co licor. Enriba napar coa crema facéndolle forma. Unha vez frío, antes de servir, espolvorear de cacao en pó.

No hay comentarios:

Publicar un comentario