martes, 14 de agosto de 2012

CALLOS CON GARABANZOS

É un prato típico que consomese moito no inverno, axuda moito a entrar en calor é un prato forte ainda que saboroso. Cando ó frío aparece, en moitos bares e tascas onde se sirve un pincho proliferan os carteis de hai callos, e convertense nun pincho estrela.
Tratase dunha comida de culler, das de toda a vida, que se disfrutan sempre, pero sentan mellor, cando depois de degustala podemos disgrutar dunha boa sobremesa.




Ingredintes:

  • 1kg de garabanzos
  • 2 kg de callos
  • 2 patas de terneira
  • 2 tomates
  • 1 c/g de pementon doce e outra de picante
  • 3 cebolas
  • 4 grans de cravo
  • unhas follas de laureiro
  • 1 cachola de allos
  • 2 chourizos
  • 300gr de xamon de porco
  • fariña ( a que precise)
  • aceite de xirasol
  • auga
  • sal
  • pementa branca moida
  • 2 guindillas
  • vinagre de viño branco
  • sal gorda
  • especie de callos

Elaboración:

  1. Os garabanzos han de estar unha noite en remollo 
  2. Poñemos unha pota con auga a ferver.
  3. Labamos os callos, as patas e frotamos con sal gorda e vinagre de viño branco,cortamolos callos en cadrados medianos.
  4. Cando ferva o auga metemolos callos, e as patas. 
  5. Cando rompa de novo o fervor retiramolos.
  6. Botamos a enxuagar no auga fria.
  7. Collemos unha pota e enchemola con auga pola mitade, e cando ferva poñemolos garabanzos xuntos cos callos e as patas.
  8. Claveteamos unha cebola cos cravos de especia, botamola a cocer co resto de preparación xunto cas guindillas e o loureiro, ademais partimos a cachola de allos pala mitade, botamola tamén.
  9. Cortamos as demais hortalizas(en paisana) refritimos nunha tixola cun pouco de aceite ata que estea transparente a cebola.
  10. Engadimola a pota;na mesma tixola botamos 1 dl de aceite de xirasol, 3 culleres de fariña.
  11. Remexemos ata que se desfaga a fariña e botamoslle un pouco de auga para facer unha ligazón e engadimolo a pota.
  12. Deixamos cocer cun espazo dunha hora e media se tiveramos no fogar unha pota expres coceriase en 45 minutos.
  13. Cando este cocido engadimos especies de callos e sal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario