martes, 21 de agosto de 2012

ESTOFADO DE TENREIRA


Chámase carne de tenreira, á carne das vacas que críanse polo menos seis meses de idade ata o momento do sacrificio. Estas reses pesan 135 kg. de promedio. Ó valor nutritivo da carne de tenreira é o mesmo que á do Boi.
Este prato é unha boa fonte de enerxía para os día tan longos de inverno. Este estofado de carne con patacas, é un guiso dos que resucitan ós mortos.

Estofado de ternera (8)

Ingredintes para catro persoas: Segundo
  • 1 Kl. de carne de agulla.
  • 1/2 pemento vermello.
  • 1 cebola
  • 1 rama de apio.
  • 2 cenorias.
  • 2 dentes de allo.
  • 1 folla de loureiro.
  • 1 c/c. de surtido de especies.
  • Sal e pementa.
  • 6 patacas.
  • 1 sobre de azafrán.
  • 1 litro de caldo de tenreira.

Elaboración:

  1. Cortala carne en dados, salpementalos e douralos nunha pota co fondo cuberto con aceite de oliva. Deixar cocer ben ata que estea branda a carne e botarlle o caldo quente.
  2. Botalas hortalizas cortadas en mirepoix pequena e refretir ben. Cubrir co caldo de tenreira. Meter a folla de loureiro e as patacas cortadas en dados, engadir o sobre de azafrán , as especies surtidas.
  3. Sazoar e deixar cocer ata que estén as hortalizas todas cocidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario