viernes, 24 de agosto de 2012

XEADO DE VAINILLA


Os xeados son sinxelos de preparar, saborosos e de fácil dixestión. Como postre, aportan elementos importantes para toda-las idades nunha alimentación equilibrada. Elaboralos na casa é doado e se pode escoller entre varias opciones. Unha delas é o xeado de crema e leite, que se elabora a partir dunha crema inglesa, moi coñecida e utilizada en pastelería e en repostería pola sua textura cremosa, consistente e con certo grao de dureza.
O xelado de vainilla, en especial o cremoso, resulta moi apetecible, si ben o seu aporte calórico é moi elevado debido as características dos ingredintes que se usan para elaboralo, pero bueno unha vez o ano, non fai dano..



Ingredintes:

  • 1 lt de leite
  • 200 gr de tona
  • un belisco de vainilla
  • 250 gr de azucre
  • 225 gr de xemas

Elaboración:

  1. Poñer o leite e a tona a ferver.
  2. Infusionar coa vainilla.
  3. Engadir o azucre e as xemas, remexer e por a quentar ata 85 º C.
  4. Deixar enfriar a mistura.
  5. Meter na sorbeteira e montar o xeado.
  6. Gardar nun taper no conxelador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario