As algas forman parte habitual de numerosas preparación culinarias. O seu uso e consumo son cada vez maiores. As algas frescas son productos moi perecedeiros, polo que se soen atopar secas, deshidratadas, liofilizadas, conxeladas ou en conserva, principalmente en tendas de herbodietética ou en establecementos especializados de alimentación vexetariana ou ecolóxica.
Ingredintes:
- 4 ovos
- 1 chorriño de tona.
- 8 langostinos.
- 50gr. de algas espaguetti de mar.
- porro en follas.
- sal e pementa.
Elaboración:
- Nunha tixola poñer un pouco de aceite de oliva, saltear os langostinos. Sazoar.
- Nun pouco de auga salgada, rehidratar as algas, cando xa estean retirar para un prato.
- Na mesma tixola salteamos os langostinos. Facer un revolto cos ovos enteiros non batidos.
- Botar o chorriño de tona salpementada.
- Remexer o conxunto, é importante que quede xugoso e o revolto non seco.
- No centro do prato poñer as algas cos langostinos de forma armónica, engadir unhas follas de porro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario