Aperitivo moi saboroso, pola súa combinación das fabas, as sementes de xirasol e o aguacate que lle da un sabor distinto do que estaderes acostumados a comer.
Ingredentes para 4 persoas.
- 4 tostas de pan
- 100 gr de sementes de xirasol
- 4 filetes de anchoa
- 1 aguacate
- 1 limón
- 1 cebola tenra
- 2 tomates maduros
- 200 gr de fabiñas tenras
- 250 gr de queixo fresco
- 1 c/c de ouregano
- aceite de oliva
- salpementa
Elaboración.
- Facer as tostas de maneira sesgada. Tostar no forno a 220º uns 7 minutos. Debe quedar tenra dentro da tosta e cruxente por fora.
- Cortar o aguacate en brunoise, o tomate en concassé; sazoar con salpementa, aceite e zume de limón, ouregano.
- Cortar a cebola tenra en xuliana, quitarlle a pel as fabiñas tenras, cortar o queixo en rodaxas pequenas e en cuartos.
- Dispor os filetes de anchoa sobre as tostas, enriba poñer o queixo, aguacate, tomate concassé, cebola, as habiñas e as sementes de xirasol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario