martes, 28 de agosto de 2012

COLIFLOR Ó MODO DE CARLA

 

       A coliflor é unha variedade da especie BRASSICA OLERACEA, nó GRUPO BOTRYTIS dá familia BRASSICACEAE. Reprodúcese por sementes. Trátase dunha pranta anual, pero atópase no seu mellor momento entre os meses de setembro e xaneiro no hemisferio norte, ainda que pódese dispoñer dela durante todo o ano. É da familia do brocoli.

      Pódese preparar ó vapor, asada, fritida, estofada, fervida ou gratinada. Pódese servir como acompañamento doutros pratos, como legumes ou arroz, ou como ingredinte básico nunha saudable menestra de vreduras. Tamén pódese usar como acompañante dalgúns peixes, coma o bacallao, ou incluso pode formar parte da tortilla.

INGREDINTES:

  • Unha peza de coliflor
  • Un vaso de leite
  • 3 c/g de fariña
  • Sal
  • Leite da cocción
  • 200 gr de queixo gouda
  • 200 gr de xamón cocido
  • 200 gr de queixo relado
  • 1/4 de cebola
  • 2 dentes de allo

ELABORACIÓN:

  1. Cocer a coliflor a partes iguais de auga e leite, engadirlle a sal. Facer a salsa bechamel coa fariña e o vaso de leite, sazoar.
  2. Desfacer a coliflor, saltear o xamón cocido coa cebola có allo picado en brunoise; misturar coa salsa bechamel e engadirlle os anacos de queixo gouda.
  3. Dispor a preparación sobre unha praca de forno, espolvorear co queixo relado e fornear ata que teña unha capa dourada o gratinar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario