jueves, 16 de agosto de 2012

Berenxena a parmesana


     Hortaliza ,orixinaria da India. Recoñécese polo seu talo ríxido, erecto e con ramificacións verdes violáceas. Ten follas alternas . As súas flores solitarias son de cor azul violáceo e o seu froito é carnoso de pel violácea, branca ou amarela. De forma alongada, esférica ou ovoidal. De pel non moi grosa, popa branca e xugosa con moitas sementes. Recóllese de xuño a outubro.

P8130777

Ingredientes para 4 Persoas.
  • 1 peza de mozzarella
  • un anaco de queixo parmesano
  • 1 bote de tomate triturado
  • 1 tomate
  • ouregano
  • alfabrega
  • salpementa

Elaboración.
  1. Cortar a berenxena en rodaxas e poñela a desangrar cun belisco de sal. Logo as marcamos a prancha.
  2. Poñemos sobre unha bandexa e intercalamos salsa de tomate, tomate concasse en paisana, ouregano, alfabrega fresca, salpementa, berenxena, queixo mozzarella, asi ata cubrir a fonte ata arriba.
  3. Por último, espolvorear de queixo parmesano e a o forno 10 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario