Como sabedes, facemos múltiples variedades de croquetas. A máis recente, e esta que presentamos que destaca polo contraste do doce dos orellóns co salgado do xamón e toque característico do queixo de cabra.
Ingredentes para 4 persoas.
- 150 gr de orellóns
- 200 gr de xamón serrano
- 150 gr de queixo de cabra
- 1 litro de leite
- 135 gr de manteiga
- 135 gr de fariña de forza
- salpementa
- belisco de noz moscada
Elaboración.
- Cortar o queixo de cabra, orellóns e xamón en dadiños pequenos.
- Aparte facer unha bechamel coa leite, a manteiga e a fariña; sazoar. Unha vez que estea feita a salsa bechamel engadir os ingredentes e remexer ben ata que a masa se despexe das paredes da pota.
No hay comentarios:
Publicar un comentario